Sempre en Galiza…
Agora que veñen de coñecerse os resultados ds eleicións europeas. Agora que Berlusconi gaña en Italia, Rajoy en España e feijóo na Gaiza, compre lembrar aquela vella laretada da miña primeira época, porque o Fuciñoco volve a estar de actualidade ou se cadra nunca deixou de estalo… máis »
Fábula moderna
Si nos preguntasen quén podería ser unha persoa entrada en anos, cun “look” extravagante, moi pouco “agraciada” e de “modales grotescos” que cando actua deixa abraiado ó publico, moitos de nós pensaríamos por exemplo en “Mick” Jagger ou calquer outra xoia dos Rolling, porque de certo que guapos o que se dí guapos vai ser que non son, as pintas non precisan comentarios e os modales dan para escreber algún que outro tratado, pero cando suben a un escenario convírtense en semideuses a pesar dos anos que levan nas costas.
Si ademáis engaden que a esta persoa sería facil imaxinala vendendo bolsas de “Fish & chips” no seu furgón en calquer remoto condado da campiña inglesa para sacar adiante unha cuadrilla de “hooligans” vagos e maleantes, a cousa deixaría de estar tan clara e habería que entrar a valorar a outros xénios da farándula global que vivimos de xeito cotiá e con méritos dabondo para axustarse a tan “pintorescas” definicións.
Asunción, coa paciencia que so tén unha nai repetía cada noite, unha e outra vez, aqueles contos de toda a vida cada vez que o seu fillo llo pedía.
A él gustábanlle moito o da “Cigarra e a formiga” e o do “Parrulo feo”, fábulas que deberían formar parte obrigada do programa de preescolar e mesmo de análise e debate nos ciclos posteriores.
Lamentablemente os pais e as nais cada vez adican menos tempo a contar contos, na escola falase de cousas moito “mais serias”, os nenos almorzan apapaostiados diante da televisión e os videoxogos ocupan o resto.
Asunción era a miña nai, Susan Boyle é o Parrulo do conto e o resto do mundo somos uns imbéciles que non veríamos un cisne mesmo que nos cagase na boca.
………………………………………………………………………………………………..
Referencias que a rematan querendo ir de “chachis”.
- “Con sus 48 años, un look extravagante, muy poco agraciada y de modales grotescos…” (www.elpais.com)
- “Llega esta señora, a la que uno se imagina expendiendo bolsas de ‘fish & chips’ en su furgón por el condado de Staffordshire para sacar adelante a una cuadrilla de ‘hooligans’, vagos y maleantes…” (www.elmundo.es)
Xa postos a ter mala baba…
Pois a cousa non é para tomala a coña, polo visto o PP coida que un xuiz dictamina conforme a sua ideoloxía, polo tanto non son de estranar as liortas que se traen con temas como o CGPJ o Tribunal Constitucional, etc, nos que sempre escoitamos aquelo do sector conservador e o sector progresista.
A mín Garzón non me cae mal nin ben, simplemente non me cae, pero a historia esta de “imos largar merda para todos que asi nótase moito menos o cheiro” paréceme moi pouco intelixente.
O malo de todo esto é que agora que os taxistas estan deixando o da COPE (supoño que a base de metadona) escoito cada animalada nos foros sociais habituais (o bar da esquina) que mesmo teño certo medo a involución social en grupos de simios.
Di tú que polo menos trempan como monos.
“Con el consejero de Sanidad… hasta tendría más posibilidad”. (Esperanza Aguirre 26/02/2009)




