26 feb 2009, 9:25pm
Unha laretada de carallada
escrita por O Peto Lareto

deixa un comentario

Xa postos a ter mala baba…

Anoder boutade bai Peto Lareto

Pois a cousa non é para tomala a coña, polo visto o PP coida que un xuiz dictamina conforme a sua ideoloxía, polo tanto non son de estranar as liortas que se traen con temas como o CGPJ o Tribunal Constitucional, etc, nos que sempre escoitamos aquelo do sector conservador e o sector progresista.

A mín Garzón non me cae mal nin ben, simplemente non me cae, pero a historia esta de “imos largar merda para todos que asi nótase moito menos o cheiro” paréceme moi pouco intelixente.

O malo de todo esto é que agora que os taxistas estan deixando o da COPE (supoño que a base de metadona) escoito cada animalada nos foros sociais habituais (o bar da esquina) que mesmo teño certo medo a involución social en grupos de simios.

Di tú que polo menos trempan como monos.

“Con el consejero de Sanidad… hasta tendría más posibilidad”. (Esperanza Aguirre 26/02/2009)

11 feb 2009, 9:05pm
Unha laretada tipo "Cousas Remake"
escrita por O Peto Lareto

3 comentarios

Cousas…

Cousas... remake by O Peto Lareto

Cousas… remake by O Peto Lareto

4 feb 2009, 9:11pm
Unha laretada de "ismos" e "istas"
escrita por O Peto Lareto

5 comentarios

O Galego Maasai

¿O Galego Masai?

Acudiu un amigo meu a unha pequena xuntanza de españois en Dar es  Salaam e logo de dar unha voltiña de observación reparou nun guerreiro maasai.

O homiño vestía como un maasai, peiteábase como un maasai e levaba a cabeza moi alta de puro orgullo racial, pero curiosamente era rubio e de pel demasiado clara.

máis »