28 Out 2008, 12:22p.m.
Unha laretada da memoria
escrita por

Comentarios desactivados en O río que lembro

O río que lembro

Escuela del r�o

www.universalocean.es

Lembro cando era cativo a miña nai preparando as cousas para levarme a nadar ó río.

Enchía unha bolsa grande tecida de fios de cores coa toalla, a merenda, a botella para colle-la auga naquela fonte de nome xa esquecido  e, como non, as gafas de mergullar e o meu marabilloso flotador con forma de peixe, branco, azul e de ollos enormes. Non o sabía daquela, pero pronto me convertiría non virtuoso deso que agora chaman “snorkel” os que defenden o Castelán dos ataques perniciosos do Galego.

A eso das tres e media baixabamos cara o río por uns carreiros desaparecidos, algunha veces despois de dar un pequeno rodeo para achegarnos á “Revoltosa” – outro dos meus sitios máxicos – onde trocabamos as carrapuchas da gaseosa por unha fabulosa pelota con forma de balón de reglamento. Normalmente a pelota non sobrevivía ó primeiro día de xogos naquel prado ó voltar do río, pero para mín era un tesouro de valor incalculable. máis »