Tanto que contar http://tantoquecontar.blogaliza.org e tan pouco tempo... Ven, 19 Mar 2010 12:11:08 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.7 Gran Purismo http://tantoquecontar.blogaliza.org/2010/03/19/gran-purismo/ http://tantoquecontar.blogaliza.org/2010/03/19/gran-purismo/#comments Fri, 19 Mar 2010 12:11:08 +0000 http://tantoquecontar.blogaliza.org/?p=165 Pasaba polo facebook e mira tu que nos presentou Oscar González, non ten desperdicio…

http://www.youtube.com/watch?v=5fTipJM2Kcw

]]>
http://tantoquecontar.blogaliza.org/2010/03/19/gran-purismo/feed/ 1
Rolda de prensa da SCAE http://tantoquecontar.blogaliza.org/2010/03/08/rolda-de-prensa-da-scae/ http://tantoquecontar.blogaliza.org/2010/03/08/rolda-de-prensa-da-scae/#comments Mon, 08 Mar 2010 16:48:19 +0000 http://tantoquecontar.blogaliza.org/?p=156 Obsoleto

SCAE (Sociedade de Carpinteiros, Artesáns e Ebanistas)

Un socio da SCAE fabricou unha mesa estilo provenzal de deseño propio cunha tirada de 200 unidades.
O cabo duns días entre outros un tal Victor Manuel mercou unha das mesas e colocouna no comedor da súa casa en Asturias e para celebrar o balance positivo do ano 2009 convidou a unha cea a Echanove, Alejandro Sanz, Ramoncín e a un tal Teddy Bautista entre outros amiguitos da “profesión”, nada do outro mundo, beluga, cigalas das boas, centolas, pata negra, etc., que a crise non é para todos igual.
Pois ben, agora vai Víctor e dí que pagou a mesa e que fai con ela o que lle pete.
Pois non, a SCAE a este respeito quere clarexar o seguinte.

A mesa vendéuselle a Victor Manuel, non ós larpeiros que convidou a desfrutala e que están a poñerse cegos na mesa deseñada polo noso asociado.
¿Cómo é que o Echanove non está a pagar por poñerse ata as orellas na creación do noso asociado? Como xa dixemos a mesa foi vendida a Víctor Manuel, Echanove non pagou nada.

Tamén lle vendemos mesas á familia Bardem para o seu restaurante, mesas das que obteñen un beneficio, xa que logo sen mesas deixaría de ser un restaurante para ser un Kebab.
Pero tampouco neste caso nos pagan un can por beneficiarse da puta mesa.

¿E nas oficiñas?. Nas oficiñas tamén empregan mesas para traballar, todas as institucións e mesmo o Goberno emprega as mesas.
Os sindicatos teñen mesas sectoriais, non respeitan a autoría non, simplemente trócanlle o nome e a tirar millas, ¿Quén non ten oido falar da mesa sectorial do metal?.

Todos gañan cartos coa mesa, mesmo gañan eleicións coa mesa electoral, e o malo é que NIN CRISTO PAGA POLA MESA.
.
¿Unha boda?, que paguen polas mesas, ¿NON PAGAN POLOS LANGOSTINOS? (Victor Manuel dixit) e eu engado, ¿Non pagan pola música?.

E claro, xurde o problema, antes o noso asociado facía mesas, pero dende hai anos non se levan as mesas ó provenzal, xa non gustan e non hembra a última vez que fixo unha, porque como non lle interesan a nin deus non as compran nen os da once (máis ou menos como lle ocorre a ramoncín cos discos).

Pero xa decidimos poñerlle solución, COBRAREMOS por cada mesa do mundo, propias e alleas.
Igualmente, cada vez que alguén compre madeira para facer unha parrillada, ou para afumar os chourizos pagará o canon vexetal, a fin de contas, con esa madeira seguro que copian as nosas mesas e as redistribuen.
O mesmo ocorrerá coas motosierras e cos machados, elementos de Hardware imprescindibles para copiar as nosas mesas e polo tanto sometidas a canon.

É máis, por todo o que teña 4 patas e unha taboa enriba. Por si acaso, vai ti a saber se algunha delas é miña o dos meus amigos da SCAE.

¿Qué as vosas mesas son de Ikea?, Sen problemas, nos cobrámolas e logo decimos que os cartos van para Ikea.
(Está claro ¿non si?).

(Adaptado dun texto que rula pola rede)

]]>
http://tantoquecontar.blogaliza.org/2010/03/08/rolda-de-prensa-da-scae/feed/ 3
Danone http://tantoquecontar.blogaliza.org/2010/02/20/danone/ Sat, 20 Feb 2010 17:18:42 +0000 http://tantoquecontar.blogaliza.org/?p=132 VeciñosO neno aperta a pelota de futbol contra o peito, malia que está sen aire, a fin de contas é un balón amarelo e rechamante, un tesouro para calquer neno de 3 ou 4 anos.

A súa nai e seu pai agardan na cola do centro comercial namentres que a caixeira fala por teléfono e o neno fai saltar a alarma, achegouse demasiado o arco.

Como era previsible a moza da caixa pon mala cara e cando remata de falar por teléfono anúncialle ó home e á muller que non poden levar a pelota, que para iso é necesario mercar “un ciento y la madre” de Danets e ademais non pode engadilos no recibo pois non son “elixibles”.

O pai mira para o neno cunha fonda tristura e sen chistar aproveita que o seu neno está despistado para levalo fora sen que se decate de que xa non terá balón.

Lémbrome dos meus nenos e sinto que a tristura daquel home abáfame o peito, abrindo un pouco máis a fenda que os meus “semellantes” están crebar no meu corazón.

Fico sen capacidade de reacción, penso en dicirlle a caixeira que lle de a pelota que xa pago eu os putos danets, pero logo penso que manda carallo que un teña que ter cartos para que che regalen unha merda de pelota e que aquel neno que non deixaba de ollala coidando que era marabillosa era demasiado pobre ata para mercar unha merda de natillas con galleta.

Logo penso en entrar de novo no Alcampo e mercarlle unha pelota grande e bonita de verdade, pero decátome de que aquela caixeira podía ter feito a vista gorda con aquela pelota de propaganda, a fin de contas a saber cantas lles mangan ó ano e esta ien lles ía  custar un patacón, pero claro, dese xeito malamente ían vender as que tiñan  no centro comercial e sen dúbida actuaba na defensa do seu precario traballo e seguindo estritas ordenanzas corporativas.

Namentres me afundo en contraditorias disquisicións pseudo-filosóficas desaparecen da miña vista pero mantense a presión no meu peito. Parece como si o colesterol se aliase coa conciencia para facerme pasalo mal, cabreándome e sentíndome no seu lugar.

Probablemente aquela caixeira non tivo que emigrar na súa puta vida, nin é negra, nin ven de Africa, nin precisa de vales de comida nos que non teñen cabida as natillas, mesmo sen galleta.

Cágome en Danone, nas danets, en Alcampo e en todo o primeiro mundo no que din que me atopo e no que mercamos natillas de merda con galletas de merda por non facelas na casa.

]]>
De certo que si… http://tantoquecontar.blogaliza.org/2010/02/07/de-certo-que-si/ Sat, 06 Feb 2010 22:10:27 +0000 http://tantoquecontar.blogaliza.org/?p=128 Sacado de: Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010

Para ver máis presentacións de A profa .

View more presentations from A profa .
]]>
O Noso http://tantoquecontar.blogaliza.org/2009/11/12/o-noso/ http://tantoquecontar.blogaliza.org/2009/11/12/o-noso/#comments Thu, 12 Nov 2009 11:08:07 +0000 http://tantoquecontar.blogaliza.org/?p=123 Decía o 32 presidente dos USA referíndose a “Tacho”  Somoza: “…si, é un fillo de puta, pero é o noso fillo de puta…”. Pois ben a pouco que acenda un a TV decátase rápidamente que os “mass media” están a instaurar unha nova orde nacional (o de -socialista ou non vai por parroquias) baseada no telón de aceiro pero moito máis variada con eso da TDT.

Así atoparemos canles que se posicionan co Governo ou coa oposición, con Jesús Neira ou con Antonio Puerta, con Isabel Pantoja ou con Julián Muñoz, on Jesus Janeiro ou Belén Esteban…, o caso é poñerse do lado contrario ás demáis canles e si se precisa mesmo percurase a confrontación entre programas propios ou alleos, eso sí cada quén co seu fillo de puta particular.

O resultado é unha polarización mal sá da masa autóctona deste estado non confederal en favor ou na contra da súa cadea amiga, pasando de non conectar coa canle que nos aburre a increpar virulentamente e mesmo zorregarlle na primeira ocasión de ser masa a aquela que non nos ten precisamente polos seus  fillos de puta predilectos, máis que nada porque primeiro hai que selo ou alomenos parecelo, do contrario non somos noticia.

Como apontaba, a TDT trouxo ademáis a loita de guerrillas, pequenas escuadras máis ou menos camufladas que atacan os seus opostos de xeito contínuo, organizado e curiosamente especializado, con supostos clubes de fan(atico)s que a peito descuberto  non dubidan en aportar o seu grao de area (naturalmente en euros) en troques de lanzar as suas inflamadas proclamas, que van dende reivindicar o amor libre ata reclamar un golpe de mán por parte dos militares polo ben da patria.

A verdade nunca foi demasiado importante nos mass media, de non ser cando a verdade favorecía os seus intereses, pero estamos a chegar a unha situación na que máis que telediarios estánse a televisar partes de guerra como cando Franco e como todos sabemos en tempo de guerra a desinformación chega a ser moito máis importante e decisiva que a información.

No meu caso o problema radicaría en todo caso en determinar cal sería o meu fillo de puta, máis que nada porque non son Perez Reverte e nestas cousas non teño as ideas demasiado claras.

]]>
http://tantoquecontar.blogaliza.org/2009/11/12/o-noso/feed/ 1
Sempre en Galiza… http://tantoquecontar.blogaliza.org/2009/06/07/sempre-en-galiza/ http://tantoquecontar.blogaliza.org/2009/06/07/sempre-en-galiza/#comments Sun, 07 Jun 2009 21:37:29 +0000 http://tantoquecontar.blogaliza.org/?p=112 Agora que veñen de coñecerse os resultados ds eleicións europeas. Agora que Berlusconi gaña en Italia, Rajoy en España e feijóo na Gaiza, compre lembrar aquela vella laretada da miña primeira época, porque o Fuciñoco volve a estar de actualidade ou se cadra nunca deixou de estalo…

O Fuciñoco era un rapaz da costa ou mellor dito de preto da costa, dos montes que fican ollando para o mar máis sen azos para achegarse máis aló de mollar os pés na ría.

Chamábanlle o Fuciñoco por un suceso de cando era un apenas un neno e xogando co seu irmán remataron fachendando de quén era máis home, se o irmán a arrebolarlle un coio ós dentes ou o Fuciñoco a non se agochar nen se mover do sitio.

Como é de supoñer o desafío rematou en empate e o non baixar ó médico a coserlle os fuciños rematou no alcume merecido do noso protagonista.

O Fuciñoco era un bo rapaz pero non era moi afeizoado ó traballo, pero tamén era moi intelixente, de tal xeito que desenvolveu unha enorme capacidade de analise na percura de xeitos de non traballar.

Así, coidando das vacas na veiga da horta e logo de estar media mañán a correr tras das vacas que unha e outra vez entraban a pacer na ferraña do veciño e sin poder tornalas, acendeu un cigarro, pensou durante uns intres e díxolle ó seu irmán o que ían facer.

Ó pouco, unha das vacas meteuse de novo na leira do veciño e o Fuciñoco deu o sinal. Sairón correndo coas aguilladas na mán e comezarón a repartir paus coma si lles fose a vida en cada golpe. Máis non lle petaron á vaca que se metera na ferralla, non, o reparto de paus foi entre as demáis, que sorprendidas non sabían nen a causa nen a razón de tal malleira.

Repetiron a operación durante certo tempo, cada vez que unha vaca entraba na zoa vedada o Fuciñoco e seu irmán mallaban nas demáis ata facelas esborrecar pola veiga abaixo, ata que un día comprobou que cando unha xata tentaba meterse na finca do veciño as demáis botábanse a ela como tolas, corréndoa a cotenadas, patadas e mesmo mordéndoa nas coxas.

Pasaron os meses e os anos e o Fuciñoco seguía a levar as vacas á veiga da horta, pero chegando alí deitábase a durmir ou a fumar os “ideales” que lle arroubaba ó padriño, polas vacas non había nen conta, tornabanse solas.

As vacas das primeiras malleiras xa non estaban, unhas vendéranse e outras morreran de vellas, pero por algunha razón, cando chegaba a casa unha xata nova que quería pacer na ferraña do veciño, as demais, que nunca levaran un pau nen sabían o por qué de semellante costume, voltábanse contra da infractora, que pronto comprendía que aquela leira estaba prohibida e pronto era a primeira en tomar represalias contra das novatas que se ían incorporando co tempo, mesmo con maior asañamento e crueldade.

Pois ben, aquí estamos, co pobo protexéndose de non se sabe qué, pero votando unha vez máis programas que descoñecen, partidos corruptos e confesos, mallando naqueles ós que acudiran cada vez que lles fagan unha reconversión, ou bueno eso que agora lle chaman ERE….

Fuciñoco, se non foses dun sitio perdido da mariña e pouco leido mesmo agora serías Presidente por UPyD e refundarías GB tras a fusión co PP e o PSOE.

]]>
http://tantoquecontar.blogaliza.org/2009/06/07/sempre-en-galiza/feed/ 6
Fábula moderna http://tantoquecontar.blogaliza.org/2009/04/16/fabula-moderna/ http://tantoquecontar.blogaliza.org/2009/04/16/fabula-moderna/#comments Thu, 16 Apr 2009 09:48:25 +0000 http://tantoquecontar.blogaliza.org/?p=92 Si nos preguntasen quén podería ser unha persoa entrada en anos, cun “look” extravagante, moi pouco “agraciada” e de “modales grotescos” que cando actua deixa abraiado ó publico, moitos de nós pensaríamos por exemplo en “Mick” Jagger ou calquer outra xoia dos Rolling, porque de certo que guapos o que se dí guapos vai ser que non son, as pintas non precisan comentarios e os modales dan para escreber algún que outro tratado, pero cando suben a un escenario convírtense en semideuses a pesar dos anos que levan nas costas.

Si ademáis engaden que a esta persoa sería facil imaxinala vendendo bolsas de “Fish & chips” no seu furgón en calquer  remoto condado da campiña inglesa para sacar adiante unha cuadrilla de “hooligans” vagos e maleantes, a cousa deixaría de estar tan clara e habería que entrar a valorar a outros xénios da farándula global que vivimos de xeito cotiá e con méritos dabondo para axustarse a tan “pintorescas” definicións.

Asunción, coa paciencia que so tén unha nai repetía cada noite, unha e outra vez, aqueles contos de toda a vida cada vez que o seu fillo llo pedía.

A él gustábanlle moito o da “Cigarra e a formiga” e o do “Parrulo feo”, fábulas que deberían formar parte obrigada do programa de preescolar e mesmo de análise e debate nos ciclos posteriores.

Lamentablemente os pais e as nais cada vez adican menos tempo a contar contos, na escola falase de cousas moito “mais serias”, os nenos almorzan apapaostiados diante da televisión e os videoxogos ocupan o resto.

Asunción era a miña nai, Susan Boyle é o Parrulo do conto e o resto do mundo somos uns imbéciles que non veríamos un cisne mesmo que nos cagase na boca.

………………………………………………………………………………………………..

Referencias que a rematan querendo ir de “chachis”.

  • “Con sus 48 años, un look extravagante, muy poco agraciada y de modales grotescos…” (www.elpais.com)
  • “Llega esta señora, a la que uno se imagina expendiendo bolsas de ‘fish & chips’ en su furgón por el condado de Staffordshire para sacar adelante a una cuadrilla de ‘hooligans’, vagos y maleantes…” (www.elmundo.es)
]]>
http://tantoquecontar.blogaliza.org/2009/04/16/fabula-moderna/feed/ 2
Xa postos a ter mala baba… http://tantoquecontar.blogaliza.org/2009/02/26/xa-postos-a-ter-mala-baba/ Thu, 26 Feb 2009 19:25:40 +0000 http://tantoquecontar.blogaliza.org/?p=84

Anoder boutade bai Peto Lareto

Pois a cousa non é para tomala a coña, polo visto o PP coida que un xuiz dictamina conforme a sua ideoloxía, polo tanto non son de estranar as liortas que se traen con temas como o CGPJ o Tribunal Constitucional, etc, nos que sempre escoitamos aquelo do sector conservador e o sector progresista.

A mín Garzón non me cae mal nin ben, simplemente non me cae, pero a historia esta de “imos largar merda para todos que asi nótase moito menos o cheiro” paréceme moi pouco intelixente.

O malo de todo esto é que agora que os taxistas estan deixando o da COPE (supoño que a base de metadona) escoito cada animalada nos foros sociais habituais (o bar da esquina) que mesmo teño certo medo a involución social en grupos de simios.

Di tú que polo menos trempan como monos.

“Con el consejero de Sanidad… hasta tendría más posibilidad”. (Esperanza Aguirre 26/02/2009)

]]>
Sor citröen http://tantoquecontar.blogaliza.org/2009/02/12/sor-citroen/ Thu, 12 Feb 2009 12:06:55 +0000 http://tantoquecontar.blogaliza.org/?p=73 ”Cuando Feijoo sea presidente, utilizará un Citroën…” (Alfonso Rueda 11/02/09)

Gran estreno

By Peto Lareto

]]>
Cousas… http://tantoquecontar.blogaliza.org/2009/02/11/cousas/ http://tantoquecontar.blogaliza.org/2009/02/11/cousas/#comments Wed, 11 Feb 2009 19:05:01 +0000 http://tantoquecontar.blogaliza.org/?p=63 Cousas... remake by O Peto Lareto

Cousas... remake by O Peto Lareto

]]>
http://tantoquecontar.blogaliza.org/2009/02/11/cousas/feed/ 3