12 Nov 2009, 1:08p.m.
Unha laretada sen máis
escrita por

1 comentario

O Noso

Decía o 32 presidente dos USA referíndose a “Tacho”  Somoza: “…si, é un fillo de puta, pero é o noso fillo de puta…”. Pois ben a pouco que acenda un a TV decátase rápidamente que os “mass media” están a instaurar unha nova orde nacional (o de -socialista ou non vai por parroquias) baseada no telón de aceiro pero moito máis variada con eso da TDT.

Así atoparemos canles que se posicionan co Governo ou coa oposición, con Jesús Neira ou con Antonio Puerta, con Isabel Pantoja ou con Julián Muñoz, on Jesus Janeiro ou Belén Esteban…, o caso é poñerse do lado contrario ás demáis canles e si se precisa mesmo percurase a confrontación entre programas propios ou alleos, eso sí cada quén co seu fillo de puta particular.

O resultado é unha polarización mal sá da masa autóctona deste estado non confederal en favor ou na contra da súa cadea amiga, pasando de non conectar coa canle que nos aburre a increpar virulentamente e mesmo zorregarlle na primeira ocasión de ser masa a aquela que non nos ten precisamente polos seus  fillos de puta predilectos, máis que nada porque primeiro hai que selo ou alomenos parecelo, do contrario non somos noticia.

Como apontaba, a TDT trouxo ademáis a loita de guerrillas, pequenas escuadras máis ou menos camufladas que atacan os seus opostos de xeito contínuo, organizado e curiosamente especializado, con supostos clubes de fan(atico)s que a peito descuberto  non dubidan en aportar o seu grao de area (naturalmente en euros) en troques de lanzar as suas inflamadas proclamas, que van dende reivindicar o amor libre ata reclamar un golpe de mán por parte dos militares polo ben da patria.

A verdade nunca foi demasiado importante nos mass media, de non ser cando a verdade favorecía os seus intereses, pero estamos a chegar a unha situación na que máis que telediarios estánse a televisar partes de guerra como cando Franco e como todos sabemos en tempo de guerra a desinformación chega a ser moito máis importante e decisiva que a información.

No meu caso o problema radicaría en todo caso en determinar cal sería o meu fillo de puta, máis que nada porque non son Perez Reverte e nestas cousas non teño as ideas demasiado claras.