8 Mar 2010, 6:48p.m.
Unha laretada de carallada
escrita por

3 comentarios

Rolda de prensa da SCAE

Obsoleto

SCAE (Sociedade de Carpinteiros, Artesáns e Ebanistas)

Un socio da SCAE fabricou unha mesa estilo provenzal de deseño propio cunha tirada de 200 unidades.
O cabo duns días entre outros un tal Victor Manuel mercou unha das mesas e colocouna no comedor da súa casa en Asturias e para celebrar o balance positivo do ano 2009 convidou a unha cea a Echanove, Alejandro Sanz, Ramoncín e a un tal Teddy Bautista entre outros amiguitos da “profesión”, nada do outro mundo, beluga, cigalas das boas, centolas, pata negra, etc., que a crise non é para todos igual.
Pois ben, agora vai Víctor e dí que pagou a mesa e que fai con ela o que lle pete.
Pois non, a SCAE a este respeito quere clarexar o seguinte.

A mesa vendéuselle a Victor Manuel, non ós larpeiros que convidou a desfrutala e que están a poñerse cegos na mesa deseñada polo noso asociado.
¿Cómo é que o Echanove non está a pagar por poñerse ata as orellas na creación do noso asociado? Como xa dixemos a mesa foi vendida a Víctor Manuel, Echanove non pagou nada.

Tamén lle vendemos mesas á familia Bardem para o seu restaurante, mesas das que obteñen un beneficio, xa que logo sen mesas deixaría de ser un restaurante para ser un Kebab.
Pero tampouco neste caso nos pagan un can por beneficiarse da puta mesa.

¿E nas oficiñas?. Nas oficiñas tamén empregan mesas para traballar, todas as institucións e mesmo o Goberno emprega as mesas.
Os sindicatos teñen mesas sectoriais, non respeitan a autoría non, simplemente trócanlle o nome e a tirar millas, ¿Quén non ten oido falar da mesa sectorial do metal?.

Todos gañan cartos coa mesa, mesmo gañan eleicións coa mesa electoral, e o malo é que NIN CRISTO PAGA POLA MESA.
.
¿Unha boda?, que paguen polas mesas, ¿NON PAGAN POLOS LANGOSTINOS? (Victor Manuel dixit) e eu engado, ¿Non pagan pola música?.

E claro, xurde o problema, antes o noso asociado facía mesas, pero dende hai anos non se levan as mesas ó provenzal, xa non gustan e non hembra a última vez que fixo unha, porque como non lle interesan a nin deus non as compran nen os da once (máis ou menos como lle ocorre a ramoncín cos discos).

Pero xa decidimos poñerlle solución, COBRAREMOS por cada mesa do mundo, propias e alleas.
Igualmente, cada vez que alguén compre madeira para facer unha parrillada, ou para afumar os chourizos pagará o canon vexetal, a fin de contas, con esa madeira seguro que copian as nosas mesas e as redistribuen.
O mesmo ocorrerá coas motosierras e cos machados, elementos de Hardware imprescindibles para copiar as nosas mesas e polo tanto sometidas a canon.

É máis, por todo o que teña 4 patas e unha taboa enriba. Por si acaso, vai ti a saber se algunha delas é miña o dos meus amigos da SCAE.

¿Qué as vosas mesas son de Ikea?, Sen problemas, nos cobrámolas e logo decimos que os cartos van para Ikea.
(Está claro ¿non si?).

(Adaptado dun texto que rula pola rede)