7 Nov 2008, 12:44a.m.
Unha laretada sen máis
escrita por

3 comentarios

Benvido Mr. Marshall

Pois si, gañou o negro e o mundo parece mellor. En Kenia a xente sae ás rúas a festexalo porque queda claro que rematou a miseria e a fame, no Xapón nun pobo chamado Obama declarán festa local e esquecen Hiroshima, os negros de Harlem xa non lle temen á policía e o que é máis revolucionario, as vellas brancas de Misouri non apertan contra o peito o peto cando se cruzan cos afroamericáns, porque claro, agora son bós, son a élite do país.

Aquí o Zapatitos declarase aliado “fiel”, Mariano flipa e emocionase con tamaña fazaña, o G-20 pasará a se-lo G-all (léase GOL) e os EUA están a tentar desfacerse do seu arsenal no Ebay.

Se Barak o chega a saber apreséntase a presidente do mundo mundial, e todos a votalo coma tenros infantes (léase coma ovellas).

Pronto lle tocará mandar nese enorme país e daquela veremos que ocorre, pero que naide agarde que os reises do consumo de petróleo van a refundarse en ONG, pois antes veredes ós da Cope falando Galego na intimidade.

O dito, Benvido Mr. OBama, seguro que podedes, como sempre…

[youtube]5X7srWjn-z4[/youtube]