10 Dec 2008, 9:27p.m.
Unha laretada de "ismos" e "istas"
escrita por

1 comentario

“ismos” e “istas”

Comentábame un parente que todo o que remataba en “ismo” ou en “ista” irremediablemente conducía ó desastre. Naturalmente estaba a referirse ós nacionalismos (enténdase nacionalismos minoritarios no reino de España) e igualmente estaba a caer no topicazo de sempre: “os nacioalismos dos demáis son malos, o meu é bo”.

Porque o que resulta curioso e mesmo irritante por momentos é esa teima de que na confrontación de ideoloxías, unha delas non é nacionalista porque é a que ten o poder e polo tanto, nunha estrana relación de lóxica afastante e irreal, ao ter o poder ten a razón e non é cabal pretender ser outra cousa, por exemplo a ninguén lle gusta que un parente renegue da familia por moi parente lonxano que sexa, é como un insulto porque a ninguén lle gusta que o rexeiten e senón pensade nas relacións intersexo.

Claro que logo están os nacionalistas “estandar”, os que van máis aló do conceito nacional para pasar á fase antinacional, o cal non é necesariamente malo ou alomenos máis malo que o contrario, pero que leva a posturas absurdas como pretender pasarse dun dominio a outro moito máis alleo con tal de non ser o que lle queren impoñer (desto falarei más polo miudo cado teña tempo e me refira os ismos tipo “isolo” e “reintegrata” que hai que aproveitar o tirón da polémica, jejeje).

O problema radica naquelo de “¿qué foi primeiro, o ovo ou a galiña?”, porque uns aliméntanse dos outros e sempre haberá algún imbécil que non dubide en botarlle pienso tanto ó ovo como á galiña con tal de obter algún beneficio.

O do beneficio irremediablemente da paso ó “nacionalista útil”, que para que nos entendamos sería o que tal que touro de Miura, embeste con fereza contra dun fio bermello a cincocentos metros e iñorando o capote infinitamente máis grande e mesmo ó toureiro (moito máis apetecible) deixa a súa indudable enerxía e creatividade nun longo camiño na percura do que separa en troques do que une as forzas.

Esta reacción tan natural e tan visceral fai que se perda demasiado tempo en miudezas sen importancia ou sentido que alongan no tempo ou mesmo perpetúan, sempre para peor, a situación de “serei sempre o contrario do que me pidas, simplemente por non ser o que ti queres”.

Os nacionalistas útiles son de todos os bandos, de todas as ideoloxías e sen dúbida son as grandes armas que empregan o fato de delincuentes que nos gobernan para que non falemos do que verdadeiramente nos importa.

A todo esto síntome nacionalista galego, pero non son da corrente “anti – outros-istas”, ou o que é o mesmo quero o meu sen comer o de naide, situación esta que me converte no papa-zoupadas de todos os demáis “istas”.

Ala xa podedes crucificarme.