4 Feb 2009, 9:11p.m.
Unha laretada de "ismos" e "istas"
escrita por

7 comentarios

O Galego Maasai

¿O Galego Masai?

Foto: www.maasaimara.com

Acudiu un amigo meu a unha pequena xuntanza de españois en Dar es  Salaam e logo de dar unha voltiña de observación reparou nun guerreiro maasai.

O homiño vestía como un maasai, peiteábase como un maasai e levaba a cabeza moi alta de puro orgullo racial, pero curiosamente era rubio e de pel demasiado clara.

O meu colega achegóuselle por aquelo de que parecía estrano atopar semellante especimen nunha reunión de españois e tentou de falarlle en Inglés, a fín de contas ¿Quen non sabe Inglés hoxe en día?. A pouco de falar notoulle un acento familiar, pero o que non sospeitaba é que aquel tremendo guerreiro rubio e pálido en realidade era ¡¡galego!!.

Naturalmente logo da sorpresa inicial interesouse por coñecer o motivo polo que un galego vestía de xeito tan pouco común e por saber que carafio estaba a facer en sitio tan pouco corrente incluso para un maasai.

O galego contoulle que pasara máis de 5 anos vivindo cos maasai, aprendendo a língoa, os costumes, a cazar, a todo o que se supón que fai un maasai, pois o seu desexo de sempre fora ser un maasai, pobo ó que admiraba, polo que sentía unha grande atracción e no que rápidamente acadou unha integración total.

Pero un día xuntáronse os vellos da tribu, nunha desas reunións serias e transcendentes. O motivo da reunión era o galego, ese home chegado de lonxe que tan ben se levaba con toda a aldea. Cando sairon da reunión chamaron o galego e comunicáronlle o que tiñan decidido.

Os maasai sentíanse honrados de que alguén viñera de tan lonxe para coñecelos, pero coidaban que unha persoa que era capaz de renunciar ás súas raigames e a súa propia cultura nunca podería ser un bo maasai, polo que o galego debería de abandoar a aldea de inmediato.

O galego maasai adícase agora a levar turistas polo Maasai Mara e vive do que os maasai lle ensinaron da súa cultura, eso si,  agora sabe que nunca poderá ser un maasai.

Quén sabe, o “maasaismo” do galego poidera ser unha sorte de reintegracionismo global ós tempos en que todo era un continente…

Nota: Esta é unha historia totalmente real.