16 Abr 2009, 11:48a.m.
Unha laretada sen máis
escrita por

2 comentarios

Fábula moderna

Si nos preguntasen quén podería ser unha persoa entrada en anos, cun “look” extravagante, moi pouco “agraciada” e de “modales grotescos” que cando actua deixa abraiado ó publico, moitos de nós pensaríamos por exemplo en “Mick” Jagger ou calquer outra xoia dos Rolling, porque de certo que guapos o que se dí guapos vai ser que non son, as pintas non precisan comentarios e os modales dan para escreber algún que outro tratado, pero cando suben a un escenario convírtense en semideuses a pesar dos anos que levan nas costas.

Si ademáis engaden que a esta persoa sería facil imaxinala vendendo bolsas de “Fish & chips” no seu furgón en calquer  remoto condado da campiña inglesa para sacar adiante unha cuadrilla de “hooligans” vagos e maleantes, a cousa deixaría de estar tan clara e habería que entrar a valorar a outros xénios da farándula global que vivimos de xeito cotiá e con méritos dabondo para axustarse a tan “pintorescas” definicións.

Asunción, coa paciencia que so tén unha nai repetía cada noite, unha e outra vez, aqueles contos de toda a vida cada vez que o seu fillo llo pedía.

A él gustábanlle moito o da “Cigarra e a formiga” e o do “Parrulo feo”, fábulas que deberían formar parte obrigada do programa de preescolar e mesmo de análise e debate nos ciclos posteriores.

Lamentablemente os pais e as nais cada vez adican menos tempo a contar contos, na escola falase de cousas moito “mais serias”, os nenos almorzan apapaostiados diante da televisión e os videoxogos ocupan o resto.

Asunción era a miña nai, Susan Boyle é o Parrulo do conto e o resto do mundo somos uns imbéciles que non veríamos un cisne mesmo que nos cagase na boca.

………………………………………………………………………………………………..

Referencias que a rematan querendo ir de “chachis”.

  • “Con sus 48 años, un look extravagante, muy poco agraciada y de modales grotescos…” (www.elpais.com)
  • “Llega esta señora, a la que uno se imagina expendiendo bolsas de ‘fish & chips’ en su furgón por el condado de Staffordshire para sacar adelante a una cuadrilla de ‘hooligans’, vagos y maleantes…” (www.elmundo.es)